Manuel emigrou a Arxentina aos tres meses do nacemento de Daniel, que foi criado especialmente polos seus avós maternos Teresa e José Ramón, carpinteiro de profesión e coñecido polo sobrenome de Pepe de Castelao. No transcurso de 1895 Joaquina emigrou, tamén levando ao pequeno Daniel, para ir a vivir co seu marido en Bernasconi, en La Pampa (Arxentina). Alí residiu hasta 1900, e segundo contou o propio Castelao descubriu o valor da caricatura lendo o semanario Caras e Caretas. Nese ano decidiran volver para que Castelao estudase medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Durante os seus anos na universidade xermola o seu interese polo debuxo e a pintura e en especial pola caricatura. En1908 comezou a colaborar coa revista Vida Galega.
Tras a guerra civil (1936-39) e como consecuencia da derrota do goberno da República debe
emprender o camiño do exilio. Será de novo a cidade de Buenos Aires quen o acolla.
Castelao morre no exilio (Buenos Aires, 1950). Trinta e catro anos despois do seu pasamento os seus restos mortais foron transladados, rodeados dunha forte polémica, ao Panteón de Galegos Ilustres de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Repousan tamén neste panteón os restos mortais de Rosalía, Cabanillas, Francisco Asorey.
Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete é un texto en prosa escrito por Castelao e publicado en 1922 pola Editorial Céltiga, de Ferrol. Consta dunha serie de secuencias narrativas que acadan unidadeestrutural grazas a seren produto dunha conversa entre un narrador, ou esqueleto, que lembra secuencias dá súa vida pasada, e dous para narradores, colegas de cemiterio.
Cousas. O texto é crítico coa sociedade da época, resaltando as dificultades da vida dos galegos de entón obrigados á emigración e angustiados pola pobreza.En cada relato inclúese unha pintura do propio autor, que resalta o seu momento culminante. culminante.Cousas segue o estilo típico de Castelao, breve, conciso, sen pararse en descricións; en definitiva o que se podería chamar unha prosa substantiva dado que sempre vai á acción do relato.Los relatos concentran todo o seu clímax nas últimas frases, estilo típico tamén do lirismo. De seguido amosovos un anaco de cousas:
O pai de Migueliño chegaba das Américas e o
rapaz non cabía de gozo no seu traxe festeiro.
Migueliño sabía cos ollos pechados cómo era o
seu pai; pero denantes de saír da casa botoulle
unha ollada ó retrato.
“O pai de Migueliño”
Este texto trata sobre Migueliño que non coñece o seu pai e antes de ir buscalo ao peirado mira nun retrato como é para saver identificalo. Migueliño non recoñecia o seu pai porque, este, traballara duramente e moito.
Os dous de sempre é unha das novelas máis importantes da literatura galega. Representa dúas maneiras moi distintas de vivir a vida, marcadas polas situacións familiares e sociais dos seus dous protagonistas: Pedriño e Rañolas.En Os dous de sempre (1934) encontramos algúns cambios entre o galego de principios do século XX e o actual, pero nada que impida a comprensión da novela.
Retrincos é unha colección de relatos de Castelao, compostar por cinco narracións autobiográficas ("O segredo", "O inglés", "Peito de lobo", "O retrato" e "Sabela"), ordenadas cronoloxicamente e escritas cun mesmo criterio.Foi editado en 1934 pola editorial Nós, en Santiago. Como acontecera tamén coas Cousas, tres dous cinco relatos de Retrincos xa foran publicados anteriormente n' A Nosa Terra ou en Nós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario