martes, 29 de enero de 2013

A literatura en Galicia na Idade Media


En Galicia e Portugal, durante os séculos XIII, XIV e XV, aínda imperaba o sistema feudal no cal a nobreza  posuía tódalas terras que alugaba ós servos ou campesiños. Os nobres exercían un control político e a Igrexa un control ideolóxico sobre os servos ou campesiñado. As clases privilexiadas cobraban foros ou impostos ós campesiños polo uso ou cultivo das terras e pola protección que lles prestaban no castelo cando a vila era atacada. 

No século X comeza no Norte da Península a Reconquista dos territorios dominados polos musulmáns que remata no século XV coa conquista de Granada. Os exércitos dos nobres foron os encargados da loita. Co avance da Reconquista a nobreza comeza a ter menos traballo e máis tempo de lecer polo que xa non se dedica tanto actividades guerreiras senón a cultivar diversas artes na corte como a poesía. O fluxo de persoas que trae o Camiño de Santiago trae unha nova moda de Francia que é un tipo de poesía que fala do amor cortés.

As cantigas en galego-portugués máis antigas que se conservan datan do século XIII e metade do XIV e eran recitadas e compostas polos trobadores que eran nobres. Diferenciábanse dos xograres en que procedían do pobo baixo e interpretaban as cantigas . Os músicos eran chamados menestreis. As soldadeiras eran mulleres que ían cos soldados ás numerosas guerras que houvo nesta época

As cantigas poden ser de tres tipos. As de cantigas de amor diferéncianse das de amigo en que nas primeiras o xénero era unha voz masculina que expresaba o seu amor a unha dama idealezada da nobreza mentres que nas segundas eran de literatura oral galega de creación feminina. O espazo no que se desenvolven as Cantigas de amigo adoita ser nun marco natural: o mar, a Fraga, unha fonte... mentres que as de amor é abstracta.

Os temas que tratan as Cantigas de escarnio e maldicir son: a cobardía dalgúns nobres na batalla, a pobreza na que outros nobres caían, os vicios do clero ou a dubidosa moral das soldadeiras. Outros xéneros menores son: a tenzó que consiste en poemas dialogados entre dous trobadores ou xograres, a pastorela que é unha pastor a quen loaba unha voz masculina, o pranto que trata de unha elexía por alguen morto e as albas ou alboradas que tratan da separación dos amantes.

Un dos trobadores máis destacados é Alfonso X o Sabio (elixe un) autor da seguinte composición (busca unha das súas cantigas e pégaa no blog) que trata de.
Non dev' a Santa Maria mercee pedir
aquel que de seus pecados non se repentir.
Desto direy un miragre que contar oý 
a omees e molleres que estavan y, 
de como Santa Maria desdennou assi 
ante todos ha dona que fora falir.
Non dev' a Santa Maria mercee pedir... 
E o falimento fora grand' e sen razon; 
e porque ss' en non doya en seu coraçon, 
pero a Santa Maria foi pedir enton 
que entrass' en sa eigreja, non quis consentir.
Non dev' a Santa Maria mercee pedir... 
Aquesto foi en Valverde, cabo Monpisler, 
u faz a Virgen miragres grandes quando quer, 
u vo aquesta dona, mui pobre moller, 
por entrar ena eigreja; mas non pod' abrir
Non dev' a Santa Maria mercee pedir... 

As portas per nulla guisa que podess' entrar; 
e entravan y os outros, dous e tres a par. 
Quand' aquesto viu a dona, fillou-ss' a chorar 
e con coita a cativa sas faces carpir, 
Trata de un milagro que hace
Non dev' a Santa Maria mercee pedir... 

Dizendo: «Santa Maria, tu, Madre de Deus, 
mui mais son as tas mercees que peccados meus; 
e fas-me, Sennor, que seja eu dos servos teus 
e que entre na eigreja tas oras oyr.»
Non dev' a Santa Maria mercee pedir... 

Pois que aquest ouve dit' e sse mãefestou 
e do mal que feit' avia muito lle pesou, 
enton as portas abertas vyu, e log' entrou 
na eigreja muit' aga. E esto gracir
Non dev' a Santa Maria mercee pedir... 

Foi ela e muita gente que aquesto viu. 
E sempr' ela en sa vida a Virgen serviu 
e nunca des aquel' ora daly sse partyu, 
ante punnou todavia d' a Virgen servir.
Non dev' a Santa Maria mercee pedir...
Cando a nobreza galega é substituída pola castelá o uso escrito do galego entra en decadencia: comezan os chamados Séculos Escuros. As causas da perda de poder da nobreza galega foron o poder político e admistrativo do Reino de Galicia. A miña opinión con respecto a isto é que non deberian haber quitado el gallego .

En definitiva, a literatura da Idade Media no S X comeza a reconquista e remata no S XV

No hay comentarios:

Publicar un comentario